Somos unha institución/grupo do IES Pedro Floriani que intenta que os colectivos minorizados aumenten o seu peso na sociedade. Por ese motivo buscamos a dinamización e normalización dos deportes para as persoas con discapacitados; loitamos para que a poboación se conciencie e que as institucións públicas axuden a crear máis espazos para que estes colectivos poidan facer actividades con máis facilidade.
Aquí os resultados da nosa enquisa: O 30'8% das persoas non coñecen a ningún discapacitado. So dúas persoas coinciden en coñecer a alguén cunha discapacidade: Paraplexia. Un 15'4% das persoas coñecen 5 ou máis discapacidades. O 15'4% das persoas non están interesados en coñecer máis discapacidades. Ninguén pensa que os e as discapacitadas son menos. Un 15'4% das persoas non coñecen deportes adaptados.
Dende o IES Pedro Floriani, intentamos concienciar á xente para que entendan que os descapacitados e as discapacitadas non son e nunca serán menos. Por iso, informamos ás persoas sobre os tipos de discapacidades para que saiban que todos somos iguais.
Comentarios
Publicar un comentario